Friday 26 de April de 2024

Neda acolle mañá unha charla informativa sobre as posibilidades que ofrece a administración electrónica


As persoas que asistan poderán obter in situ o certificado dixital da FNMT

Neda acollerá este venres, a partir das 11.30 horas, na Casa das Palmeiras, unha das sesións informativas do servicio “La Administración cerca de ti”, que impulsa o Ministerio de Política Territorial, para informar á veciñanza sobre os servizos en liña que ofrece a Administración Xeral do Estado e resolver dúbidas sobre os más habituais. Unha iniciativa, aberta ao conxunto da poboación, que brinda tamén a oportunidade de obter in situ un certificado dixital.

Funcionarios da Subdelegación do Gobierno serán os encargados de impartir esta charla na que se abordarán as múltiples posibilidades e ferramentas que proporciona a Administración electrónica, prestando especial atención a aqueles trámites e xestións que resultan máis habituais.

Ademais, unha vez finalizada a charla ofrecerase ás persoas asistentes a posibilidade de obter, sen necesidade de achegarse para acreditar a identidade ás oficinas da Seguridade Social ou da Axencia Tributaria, o certificado electrónico que expide a Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, que permite realizar trámites sen saír da casa con calquera administración pública. Cómpre, iso si, que leven o DNI, dispoñan de correo electrónico.